IGREXA DE SAN MARTIÑO DE BRABÍO

Relixioso
926
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Brabío (San Martiño)

Lugar: O Martinete

15319  Betanzos - A Coruña

Coordenadas:
43º 15' 58.9" N - 8º 11' 58.9" W

Descrición

Igrexa de estilo románico do século XII. Presenta unha planta rectangular onde se desenvolve unha soa nave. No interior o espazo intermedio entre o presbiterio e a nave está delimitado por un arco triunfal de medio punto, sostido por dúas columnas unidas con capiteis de follas de acanto rematadas en bóla. A nave presenta unha estrutura aérea de madeira, mentres que a ábsida se cobre cunha bóveda de canón. No exterior a fachada principal concentra toda a decoración, organizándose ao longo dun imaxinario eixe vertical no que se inscribe a porta principal e sobre ela un pequeno oco rectangular. A cornixa interrómpese no medio para servir de base á espadaña dobre rematada por unha cruz e flanqueada por dous pináculos con bóla.

Acceso

Dende Betanzos, tomar a N-VI en dirección Lugo-Madrid, o sair da cidade atópase a dereita o indicador da igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!