IGREXA DE SANTA MARÍA DE VILAMAIOR

Relixioso
922

Localización

Parroquia: Vilamaior de Caldelas (Santa María)

Lugar: Vilamaior

32769  Castro Caldelas - Ourense

Coordenadas:
42º 21' 11.0" N - 7º 22' 04.9" W

Descrición

Construción relixiosa de características barrocas, con arco de medio punto e unha sinxela espadaña de dous corpos, o inferior dobre e sobre el, un arco de ferradura flanqueado por pináculos. Igrexa dunha soa nave na que destaca a capela maior que alberga un retablo de época tamén barroca. Cruceiro sobre columnas octogonais que parten de estruturas cadradas. No seu interior destaca unha pila bautismal románica que está bastante detereriorada.
Arriba
Axúdanos a mellorar!