IGREXA DE SAN SADURNIÑO DE GOIÁNS

Relixioso
1172

Localización

Parroquia: Goiáns (San Sadurniño)

Lugar: A Igrexa

15999  Porto do Son - A Coruña

Coordenadas:
42º 45' 28.0" N - 8º 56' 40.9" W

Descrición

Igrexa dunha única nave e de proporcións cadradas. A fábrica orixinal é do século XVII, aínda que o aspecto actual é resultado de remodelacións posteriores. Recentemente substituíuse a cuberta orixinal pola actual de formigón e levantouse o coro aos pés. A capela maior pertence á antiga igrexa, máis estreita, cuberta con bóveda de canón rebaixada sobre muros de cachotaría de granito, mentres que o resto se cubriu con placas de granito, tapando a fábrica orixinal. No seu lateral sur ten pegada a sancristía, de menor altura que a nave. A fachada principal é moi sinxela, cunha portada rectangular e unha ventá enriba. A cornixa a dúas augas, como a cuberta, remata nunha espadaña de formigón. O campanario está illado, preto da igrexa, xa que cando se reconstruíu a mesma, o muro non podía soportar o seu peso.

Acceso

Tomamos a C-550 en dirección Noia, inmediatamente despois de Portosín, á dereita, está a igrexa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!