CAPELA DA ATALAIA

Relixioso
1061

Localización

Parroquia: Noal (San Vicente)

Lugar: Porto do Son

Rúa: Atalaia s/n

15970  Porto do Son - A Coruña

Coordenadas:
42º 43' 28.0" N - 9º 00' 29.9" W

Descrición

Esta capela dedica o seu culto á Virxe do Carme. Está formada por unha nave rectangular cuberta con bóveda de canón que descansa sobre muros de sillería de granito. A capela maior, na cabeceira, é de planta cadrada e cuberta con bóveda de crucería. No lateral norte sitúase unha capela dende a que se accede á sacristía. Aos pés da nave levántase o coro ó que se accede por unha escaleira aberta no muro. No exterior cabe destacar a ausencia de ornamentación. A fachada principal componse dunha portada rectangular sobre a que se abre un pequeno van, tamén rectangular. No lateral sur sitúase o campanario, sobre unha peana cadrada, formado por catro machóns unidos por arcos de medio punto e que remata cunha cupuliña coroada por pináculos con bolas.

Acceso

Está no núcleo urbano.
Arriba
Axúdanos a mellorar!