ERMIDA DE SAN MIGUEL DE SANGOÑEDO

Relixioso
796

Localización

Parroquia: O Freixo (San Xoán)

Lugar: Sangoñedo

15576  As Pontes de García Rodríguez - A Coruña

Coordenadas:
43º 30' 50.0" N - 7º 45' 11.0" W

Descrición

Típica construción popular -non fundacional-, como demostran as súas pequenas dimensións e a súa gran sinxeleza e pobreza de materiais, sendo construída como resposta á devoción popular cara a San Roque. Perfectamente adaptada á pendente do terreo a súa estrutura arquitectónica é de planta rectangular, en que se inscriben nave e presbiterio. Muros de pobre cachotería luosenta e cuberta a dúas augas do mesmo material. O seu interior corre parello coa sobriedade arquitectónica exterior, onde podemos ver un pequeno altar cun retablo neoclásico.

Acceso

Dende o núcleo de As Pontes saímos en dirección a Ortigueira pola estrada AC-101. Aos 9 Km., desviámonos á dereita pola estrada local que sinaliza cara a O Freixo. Aos 7,7 Km. chegamos ao lugar de Sangoñedo, onde queda a ermida a man esquerda.
Arriba
Axúdanos a mellorar!