CAPELA DA NOSA SEÑORA DO CARME DE NOGUEIROSA

Relixioso
997
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Nogueirosa (San Cosme)

Lugar: O Ameneiral

15609  Pontedeume - A Coruña

Coordenadas:
43º 24' 02.6" N - 8º 09' 27.9" W

Descrición

Capela de estilo barroco, construída no século XVIII. Presenta unha planta rectangular onde se desenvolve unha soa nave. O espazo entre o presbiterio e a nave áchase diferenciado por un arco triunfal. Os elementos decorativos son moi escasos. Exteriormente, a fachada principal concentra toda a decoración, superpoñéndose unha porta rectangular e un pequeno oco. A cornixa semicircular interrómpese no medio para servir de base á espadaña dun só corpo.

Os seus muros son de carga, realizados en cachotería, con excepción de esquinais, ocos e fachada principal, que presentan pezas regulares de granito. A cuberta a varias augas, con cubrición de tella curva.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!