CAPELA DO BO XESÚS

Relixioso
876
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Martiño de Porto (San Martiño)

Lugar: O Pudrical

15622  Cabanas - A Coruña

Coordenadas:
43º 25' 50.9" N - 8º 10' 36.9" W

Descrición

Capela barroca, de tipoloxía rural. Simple e sobria, presenta unha sinxela planta rectangular cunha soa nave. A fachada principal concentra a escasa decoración. Destaca a fornela cunha escultura do neno Xesús.

Na inscrición na clave da porta pódese ler:  ALABADOSEA / ELDULZM Nro / DEIHS / AÑO / DE 1771. Destacan na súa fachada as pedras de cantería aos lados cun frontón semicircular sen cornixa. A nave ten a porta orientada ao oeste. A sancristía está situada baixo o altar.

Acceso

Dende Cabanas tomar a N-651. No cruce de Cardeita xirar cara á estrada de Mugardos, xunto ao bar Fraián tomar a pista que leva ata a capela.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!