IGREXA DE SANTO ANDRÉ DE CABANAS

Relixioso
1008
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Cabanas (Santo André)

Lugar: Cabanas

15621  Cabanas - A Coruña

Coordenadas:
43º 25' 06.9" N - 8º 09' 41.0" W

Descrición

Igrexa parroquial do século XVIII, que deriva de diversas etapas construtivas o que lle dá á igrexa un aspecto irregular. A fachada da igrexa é lateral por razóns do seu emprazamento. A nave, á que se arrima unha torre, presenta a cada lado do presbiterio, dúas capelas. A capela Sur de Rioboo foi fundada no ano 1683. A capela Norte dá acceso ás estancias que constitúen a sancristía.

Foi reedificada en 1942 conservándose a torre campanario do século XVIII, a capela maior e dúas capelas que comunican con ela. A capela maior, de estilo gótico, posúe o arco de acceso apuntado e cóbrese con bóveda de crucel. Capela sur é denominada da Concepción ou capela de Riobóo, fundada en 1683 polo arzobispo Francisco de Seixas. Cuberta con bóveda de aristas, con dous altares pétreos adosados nas paredes, responde aos canones renacentistas.

A outra capela, cuberta con bóveda de crucel con nervios apoiados en ménsulas, é a da Nosa Señora do Carme e San Alberto, fundada en 1704 polo cura Alberto López Baliño.

Acceso

No núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!