CAPELA DA ATALAIA

Relixioso
1117
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa da Atalaia

27700  Ribadeo - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 16.9" N - 7º 02' 13.9" W

Descrición

É o edificio relixioso máis antigo conservado hoxe en Ribadeo, que data do século XII, alterado pola súa reconstrución a principios do s. XX. De planta rectangular, consta de nave, arco triunfal e presbiterio. Frontis con porta principal gótica do s. XIV, con decoración en zigzag; sobre a porta, escudo de Ribadeo e espadana dun só van. Interior: retablo barroco con talas de variada cronoloxía de entre as que destaca a imaxe titular da Santísima Trinidade, retablo dereito barroco e pila de auga bendita montada sobre columna gótica. A carón do templo ubícanse dous canóns fincados ao pé cos que se quere indicar que o mirador da Atalaya foi no seu orixe baluarte de defensa da vila. Nesta capela celebráronse ata o século XVII os "concellos abertos" da vila. Dende ela divísase o porto de Porcillán.

Sobre a porta principal pode verse un escudo en pedra de Ribadeo e unha espadana dun só van. 

Acceso

Está no casco urbano de Ribadeo.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba
Axúdanos a mellorar!