IGREXA PARROQUIAL DE SANTO ADRAO DE LOURENZÁ

Relixioso
886
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Santo Adrao de Lourenzá (Santo Adrao)

Lugar: A Igrexa

27750  Lourenzá - Lugo

Coordenadas:
43º 25' 46.9" N - 7º 16' 25.9" W

Descrición

Templo que data do s. XVI, restaurado en diversas ocasións. A primitiva Igrexa estivo situada en San Pedro de Canedo, no mesmo termo parroquial. De planta rectangular, consta de nave principal e nave lateral á dereita, separada por arcos de medio punto, presbiterio e sancristía pegada en cabeceira. No lado esquerdo do presbiterio arco de medio punto que comunicaba coa demolida capela dos Sarmiento. En frontis, pórtico cuberto e espadaña de dous corpos e tres vans realizada en cadeirado de granito en estilo barroco, e a un lado reloxo de sol de lousa. Interior: retablo maior do s. XVII de estilo renacentista, dous retablos laterais do mesmo estilo e un retablo barroco na capela da Inmaculada. No adro, pila bautismal de pedra con tres cruces gravadas.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba
Axúdanos a mellorar!