IGREXA DE SAN SALVADOR DE VILOUZÁS

Relixioso
801
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vilouzás (San Salvador)

Lugar: O Adro

15314  Paderne - A Coruña

Coordenadas:
43º 18' 37.0" N - 8º 10' 05.9" W

Descrición

Igrexa de estilo románico de transición ao gótico, de tipoloxía rural. Na súa planta rectangular desenvólvese unha soa nave. A fachada principal, sobria e sinxela, concentra toda decoración, pois no eixe vertical central superpón unha porta de entrada composta por dous arcos de medio punto apoiados en pequenas columnas e unhas mochetas sobre as que descansan un tímpano liso, un pequeno oco circular e, rompendo a cornixa, unha espadaña de época posterior con tres machóns onde se sitúan as campás. Cuberta a dúas augas con cubrición de tella curva.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!