IGREXA DE SAN MARTIÑO DE ARAÚXO

Relixioso
904

Localización

Parroquia: Araúxo (San Martiño)

Lugar: Suigrexa

32879  Lobios - Ourense

Coordenadas:
41º 54' 28.9" N - 8º 04' 03.9" W

Descrición

O templo parroquial constrúese no ano 1781 no lugar de Requeixo. A fachada poténciase con porta alintelada, ornamentada con molduras apoiadas nos ángulos e fornela avieirada no frontispicio, sobre ménsula galonada. Remata con espadaña de dous corpos e frontón. No lado do evanxeo constrúese en 1828 unha capela para os "Beati Mortui Qui in Domino Moriuntur", segundo indica un epígrafe no exterior.
No interior destaca o retablo maior e colaterais, do século XVIII, estando representados no santoral a imaxe do titular, Santo Antonio, San Roque, San Benito Preto, San Martiño, Santa Bárbara, e relevos da Anunciación e Visitación.

Acceso

Entrando no pobo de Lobios, collemos a man dereita, OU-1202, en dirección a casa do concello. Percorridos 1, 5 Km, volvemos coller a man dereita. Entrando no pobo de A Portaxe podemos estacionar o autobús. Os 900 metros que quedan para chegar ata a igrexa podémolos facer en coche ou a pé.
Arriba
Axúdanos a mellorar!