IGREXA DE SAN PAIO DE ARAÚXO

Relixioso
1058

Localización

Parroquia: San Paio de Araúxo (San Paio)

Lugar: San Paio

32879  Lobios - Ourense

Coordenadas:
41º 52' 48.9" N - 8º 02' 15.0" W

Descrición

A construción da igrexa de San Paio realízase no ano 1743, segundo a inscrición do frontispicio "ESTA OBRA FÍXOSE SENDO ABADE DON ANTONIO ARES E MOURONTE ANO DE 1743". A fachada concentra a decoración no eixe central, mediante portada con encadres de orelleiras, fornela decorada con ovas contendo a imaxe pétrea de San Paio e óculo. Remata o conxunto unha espadaña de arcos peraltados coroada por frontón.
No seu interior destaca o retablo maior, con dous corpos e tres rúas organizadas por columnas salomónicas. O sagrario alcanza gran monumentalidade, o talle plano e dourada recobre toda a superficie.

Acceso

Dende a OU-540 dirixirse cara á capitalidade municipal. Entrando en Lobios collemos a esquerda, OU-1202, como si fósemos á casa do concello. Trascurridos 500 m, desviámonos a man dereita pola Ou-1206 durante 7 km, en dirección A Cela. Ao chegar ao pobo de Esperanzo collemos o desvío cara San Paio. A Igrexa está a 900 m deste cruce.  Recomendamos aparcar o autobús, unha vez recorridos os 7 Km da OU-1206.
Arriba
Axúdanos a mellorar!