IGREXA DE SAN PEDRO DE NÓS

Relixioso
1604

Localización

Parroquia: San Pedro de Nós (San Pedro)

Lugar: O Vilar

15176  Oleiros - A Coruña

Coordenadas:
43º 18' 59.9" N - 8º 20' 29.0" W

Descrición

Igrexa de estilo ecléctico, debido aos avatares históricos que padeceu. Foi en orixe unha igrexa románica, feudo dos Templarios ata 1312. Demolida en 1897, as súas pezas de granito aproveitáronse para levantar un novo templo, que á súa vez sufriu as consecuencias dun incendio en 1934, polo que houbo de ser reconstruída. Consta de planta dunha soa nave dividida en cinco tramos, rematada en ábsida rectangular. No interior destaca, como elemento ornamental e iconográfico, un retablo que posiblemente pertenceu á Igrexa de San Domingo de Bonaval. Na fachada sobresaen a espadaña de dobre campá rematada por un frontón semicircular e as ventás de arco de medio punto enriba da porta principal.

Acceso

Dende Oleiros tomar a estrada cara a Carballo. De alí séguese a N VI ata o desvío cara Cecebre. Máis ou menos a 1 Km se entra en San Pedro de Nós, onde se acha a igrexa parroquial.
Arriba
Axúdanos a mellorar!