IGREXA DE SANTAIA DE LIÁNS

Relixioso
661

Localización

Parroquia: Liáns (Santaia)

Lugar: Lóngora

15179  Oleiros - A Coruña

Coordenadas:
43º 20' 02.0" N - 8º 21' 06.0" W

Descrición

Igrexa barroca de tipoloxía rural, realizada no século XVII. Presenta unha planta de cruz latina. No seu interior a parte do cruceiro áchase cuberto cunha pequena cúpula a xeito de lucernario. No seu exterior concéntrase toda a decoración na fachada principal. Destaca a ornamentación da porta enmarcada por dous piares sobre os que se asenta un arco partido e flanqueado por dous pináculos. Sobresae a espadaña de base cuadrangular, dividido en dous corpos, o inferior aberto por catro arcos de medio punto, o superior rematado en cúpula con pináculos nas esquinas. Os seus muros son revestidos e pintado de branco agás en esquinais, vans e fachada principal. Conserva retablos do século XVII e distintos elementos relacionados co barroco galego.

Acceso

Dende Oleiros tómase a estrada cara Montrove. Ao chegar a Montrove tómase desvío á dereita cara a Liáns, onde se acha a igrexa parroquial.
Arriba
Axúdanos a mellorar!