HOSPITAL DA TRINIDADE

Civil
1157
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Monterrei (Santa María)

Lugar: Monterrei

32619  Monterrei - Ourense

Coordenadas:
41º 56' 46.6" N - 7º 26' 55.0" W

Descrición

O edificio está situado dentro da acrópole de Monterrei. no recinto do Castelo de Monterrei. Funcionou como Hospital, dende a idade media, para acoller ós necesitados e peregrinos que fan o Camiño de Santiago, seguindo a Via da Prata. Consérvase a súa portada orixinal cun arco de oxiva abucinado con catro arquivoltas. No tímpano Xesucristo triunfante, sendo coroado por un anxo cabeza abaixo na clave do arco, entre as figuras do Tetramorfo. O arco está flanqueado polas figuras da Anunciación baixo doseis oxivais.
Na actualidade atópase convertido en sala de actividades culturais visitable. Póndose en contacto coa oficina de turismo de Monterrei no teléfono 988 361 360.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!