IGREXA DE SANTA MARÍA DE BARXES

Relixioso
998

Localización

Parroquia: Barxés (Santa María)

Lugar: Seoane de Taboadela

32899  Muíños - Ourense

Coordenadas:
41º 58' 03.9" N - 7º 57' 15.9" W

Descrición

A igrexa de Santa María é un exemplar barroco do século XVII, de grande sobriedade construtiva, manifestando no exterior o xogo de volumes do presbiterio, con capelas pegadas. A fachada presenta arco de ingreso de medio punto, decorado con casetóns contendo floróns e querubín na clave. Na base da espadaña, dun corpo de arcos rematado con frontón, colócanse aletóns que serven de asento aos pináculos. No seu interior, o retablo maior combina a escultura en vulto redondo con relevos da Trinidade, Natividade de María e Nacemento de Jesús.
Arriba
Axúdanos a mellorar!