IGREXA DE SAN MARTIÑO DE PORQUEIRA

Relixioso
750

Localización

Parroquia: San Martiño de Porqueira (San Martiño)

Lugar: Telladas

32643  Porqueira - Ourense

Coordenadas:
42º 01' 01.5" N - 7º 50' 03.3" W

Descrición

Ten restos románicos pero a súa fábrica é de estilo barroco. A fachada presenta unha fornela pétrea con San Martiño bispo, e está rematada por unha torre de planta cadrada de dous corpos e rematada en cúpula semiesférica.
No interior destaca un retabalo do século XVIII dentro dun elegante estilo rococó. Son tamén interesantes os retablos da Inmaculada e do Sagrado Corazón, do século XVIII, con talles de diversas advocacións.
En canto á ourivaría destacan unha custodia de prata, do século XVII e unha cruz procesional do século XVIII.
Arriba
Axúdanos a mellorar!