CAPELA DE SAN COSME

Relixioso
1125

Localización

Parroquia: O Alto de Xestoso (Santa María)

Lugar: O Ferro

15315  Monfero - A Coruña

Coordenadas:
43º 20' 37.9" N - 7º 55' 54.9" W

Descrición

Pequena capela sen estilo definido, en ámbito rural. Planta rectangular con única nave e pequena sancristía. No interior, espazo delimitado por un pequeno arco nos primeiros tramos de pedra e rematado en madeira. No exterior, muros de cachotería miúda e reforzo de pezas graníticas nos esquinais. Cuberta de lousa a diferentes augas. Volumetría con diferenciación de alturas. Sobria fachada principal, organizada nun corpo e porta rectangular. Sobre a cornixa, sinxela espadana dun só corpo rematada por pináculos en bóla.

Acceso

Dende a capital municipal, tomar a estrada AC-151 sinalizada Irixoa, a 4 km no núcleo de Xestal, tomar á esquerda onde indica Val Xestoso, Alto Xestoso e As Pontes. Esa estrada, a DP-3902, enlaza coa DP- 0905. Alí toma á esquerda  dirección a Alto Xestoso, continuar ata a sinalización Ferro, nas inmediacións atopa a capela.
Arriba
Axúdanos a mellorar!