IGREXA DE SAN XURXO DE QUEIXEIRO

Relixioso
1005

Localización

Parroquia: Queixeiro (San Xurxo)

Lugar: Queixeiro

15617  Monfero - A Coruña

Coordenadas:
43º 22' 47.0" N - 8º 03' 51.0" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco, de tipoloxía rural frecuente na bisbarra. Planta rectangular con nave única, sancristía e presbiterio. No interior, sinxeleza, sobriedade e escasa iluminación. O altar maior está separado do presbiterio por un arco triunfal de medio punto. Coro alto, de estrutura de formigón e balaústres de madeira. No exterior, muros de cachotería con reforzo de pezas graníticas á vista nos esquinais e recercado dos ocos. Cuberta de lousa a tres augas na nave e catro no presbiterio. A volumetría reflicte os distintos corpos anexionados ao central. A fachada principal, que busca a simetría, está organizada nun só corpo, con sinxela porta rectangular, pequeno oco para a iluminación e, interrompendo os aletóns que configuran a cornixa, unha base con decoración de aplacados que sustenta a espadaña de dous corpos. Na ornamentación destaca o retablo neoclásico, con policromía que imita o mármore.

Acceso

Dende a capital municipal, tomar a estrada AC-151 sinalizada a Pontedeume, a uns 6 km coller un desvío á dereita que indica Camping e casa Rural. A uns 2 km. escasos, despois de pasar por Vite e xirar lixeiramente á dereita, xa se pode divisar de frente a Igrexa. 
Arriba
Axúdanos a mellorar!