IGREXA DE SANTA MARÍA DE CELAS

Relixioso
1044
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Celas (Santa María)

Lugar: Celas

Estrada ao Xalo 107

15198  Culleredo - A Coruña

Coordenadas:
43º 14' 57.9" N - 8º 24' 25.9" W

Descrición

Trátase dunha igrexa de orixe románica que coñeceu moitas modificacións. Ten una soa nave con ábsida cuadrangular e capela lateral. Da súa feitura románica destaca a fiestra condenada da cabeceira, con columniñas pareadas, capiteis con motivos vexetais e arquivoltas. Nas fachadas laterais, atopamos canzorros decorados con figuras xeométricas e zoomorfas. A fachada principal e do s. XIX, ten porta con lintel sobre a que se abre un oco semicircular e remata nunha espadana de dous arcos e pináculos de coroación. No interior a cabeceira cóbrese con bóveda de canón. Destaca o retablo maior do s. XVIII e outros dous de feitura posterior, xemelgos, situados nos laterais.

Acceso

Dende a Casa do Concello en Tarrío tómase a estrada DP-3109. Na segunda rotonda collerase a segunda saída para continuar pola AC-523 ata Veiga. Séguese pola estrada LC-400 de Cerceda a Culleredo ata enlazar coa estrada AC-400 onde viraremos á esquerda para chegar a estrada a Xalo.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!