PEIRAO DA COVASA

Civil
1133
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Aguiño (Nosa Señora do Carme)

Lugar: Aguiño

15965  Ribeira - A Coruña

Coordenadas:
42º 31' 06.4" N - 9º 01' 28.0" W

Descrición

Muelle de 30 metros de longo por 3'5 metros de ancho, con grandes bloques de pedra formando tres chanzos. O histórico espigón penetra case 70 metros no mar, cos seus enormes perpiaños. Hai quen asegura que se trata dunha construción de época romana para establecer comercio marítimo con navegantes fenicios, por iso denomínase Porto Fenicio. Os máis inclínanse por pensar que é un muelle produto da colonización catalá do s. XVIII para as súas actividades relacionadas coa pesca, salazón, conserva e o seu comercio e transporte.

Acceso

Dende Ribeira, diríxese, ben pola costa ou seguindo a estrada máis ao interior cara á localidade de Aguiño. Dende este lugar, e ao final do porto, toma unha estreita pista que conduce ao lugar de A Covasa, onde se atopa o peirao.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!