IGREXA DE SAN PEDRO DE BORDÓNS

Relixioso
882
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Bordóns (San Pedro)

Lugar: A Lamela

36966  Sanxenxo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 24' 26.0" N - 8º 47' 06.9" W

Descrición

Construción dunha soa nave rectangular dividida en tres tramos. O primeiro compóñeno tres arcos que forman bóveda de canón con contrafortes no exterior, e os outros dous teñen estrutura rectangular e de maior anchura. Na fachada principal sobresae unha espadaña de dúas campás e varios pináculos de ornamentación, que se repiten en todas as esquinas do templo. Circundando á igrexa, consérvase un cemiterio valado con dous linteis de baldaquino na entrada. Un deles ten dous arcos conopial moi rebaixados con bólas e flores, ocultando os seus picos distintas imaxes.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!