IGREXA DE SAN PEDRO DE CARPAZÁS

Relixioso
952

Localización

Parroquia: Carpazás (San Pedro)

Lugar: Carpazás

32847  Bande - Ourense

Coordenadas:
42º 02' 04.9" N - 7º 54' 42.9" W

Descrición

O templo, barroco, presenta unha arquitectura de grande austeridade: os paramentos lisos e as portas de ingreso alinteladas. Un óculo aberto na fachada dá luz ao interior, rematando esta con cornixa de ramplas curvas servindo de asento a pináculos nos extremos e á espadaña no centro, con alzado de dous corpos graduados. No interior destaca o retablo maior, distribuído en dúas alturas mediante estípites e banco co relevo do Sacrificio de Isaac. Preside a fornela central a imaxe de San Pedro, flanqueado por San Bartolomé e San Ramón, dentro dunhas fornelas trilobuladas.

Acceso

A 10,5 km do centro de Bande seguindo a estrada OU-301. Partimos dende a casa do concello pola estrada OU-301 ou tamén chamada rúa Mestre Taibo. Xirar á esquerda a 7,8km. e despois seguir durante 2.7 km. 
Arriba
Axúdanos a mellorar!