IGREXA DE SAN TIRSO DE AMBROA

Relixioso
1185

Localización

Parroquia: Ambroa (San Tirso)

Lugar: A Graña

15313  Irixoa - A Coruña

Coordenadas:
43º 18' 56.0" N - 8º 06' 56.0" W

Descrición

Igrexa de estilo predominantemente barroco, aínda que na súa orixe foi románica. Planta rectangular, con única nave, presbiterio e dúas pequenas capelas laterais. No interior, espazo delimitado entre a nave e o presbiterio por arco de ingreso. Ábsida con bóveda de canón, reforzada por dous arcos faixóns apoiados sobre dúas columnas pegadas, decoradas con motivos vexetais nos capiteis. Estrutura aérea con armazón de madeira. No exterior, muros de cantería de granito. Cuberta de tella a dúas augas. A fachada principal con porta rectangular e pequeno oco para a iluminación natural. Sobre un pequeno corpo decorado con aplacados, destaca o campanario, composto de dous corpos, o primeiro alberga dúas campás e o segundo con función ornamental. Percíbese unha curiosa sensación visual de verticalidade e inestabilidade, propiciada pola superposición de elementos no campanario.
Arriba
Axúdanos a mellorar!