IGREXA DE SANTAIA DA VIÑA

Relixioso
909

Localización

Parroquia: A Viña (Santaia)

Lugar: O Chao da Viña

15313  Irixoa - A Coruña

Coordenadas:
43º 18' 18.0" N - 8º 04' 57.9" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco, de tipoloxía rural. Planta de cruz grega, con sancristía rectangular anexionada ao lateral. No interior, sinxeleza e sobriedade. No exterior, muros de cantería, revestidos e branquexados, a excepción da fachada principal e o testeiro, con cantería de estereotomía regular á vista. Cuberta de tella curva a dúas augas. A fachada principal con porta rectangular e pequeno oco para a iluminación natural. Sobre a cornixa destaca unha espadaña composta de dous corpos, o primeiro alberga dúas campás e o segundo con función ornamental, rematado en pináculos con bólas.
Arriba
Axúdanos a mellorar!