IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE QUEIXAS

Relixioso
1022

Localización

Parroquia: Queixas (Santa María)

Lugar: Queixas

15186  Cerceda - A Coruña

Coordenadas:
43º 09' 03.9" N - 8º 28' 43.9" W

Descrición

Construída no s. XVIII. Ten unha nave de planta en forma de cruz. A fachada, de estrutura pentagonal, ten unha porta enmarcada por unha ventá rectangular e unha fornela que alberga unha imaxe pétrea da Virxe. Espadana de dobre corpo con tres piares separados por arcos de medio punto sobre os que hai un frontón rematado por pináculos.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a LC-401 en dirección a Silva. A trescentos m xírase á esquerda cara a Queixas. Ao chegar a esta parroquia séguese un desvío á esquerda no lugar de O Calvario. Un pouco máis adiante aparece a igrexa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!