CAPELA DE SAN PAIO DO MONTE

Relixioso
1481
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Paio (Santiago)

Lugar: San Paio do Monte

15705  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 53' 13.9" N - 8º 33' 20.0" W

Descrición

Esta capela dunha soa nave con cuberta a dúas augas, atópase situada nunha aldea na base do Monte Pedroso. A súa orixe está relacionada coa visita de San Francisco a Santiago en 1214, que viviu na casa do carboeiro Cotolay nesta zona, e ao que confiou a fundación do convento de San Francisco de Valdedeus. É un templo románico, do s. XII, que se reedificou en 1753. Ten unha fachada moi sinxela con perpiaños de granito. A ábsida románica é de planta rectangular, de altura considerablemente menor que a nave e con sinxelos canecillos na cornixa.
O interior tamén é moi sinxelo, dunha soa nave e cuberta de madeira. Carece de retablo, presídeo unha imaxe da Virxe do Socorro.

Acceso

Dende Santiago tomaremos a estrada local que conduce a Figueiras, pasado o barrio do Carmen, a 0,5 km. tomaremos un desvío á dereita que nos conduce directamente a San Paio.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!