CASA ENRIQUE MÜLDER

Civil
961
No Camiño de Santiago

Localización

Avenida Montero Ríos 22

36201  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 24.9" N - 8º 43' 19.9" W

Descrición

Edificio proxectado en 1910 por Manuel Gómez Román. Constitúe o exemplo máis destacado do modernismo vigués con influencias vienesas e belgas. Consta de planta baixa, tres altas e unha esquina circular terminada nunha cúpula con forma de ovo, revestido de plaqueta cerámica vitrificada. Os seus vans abarcan dous pisos, dándolle un aspecto de verticalidade, acentuado aínda máis polos áticos que se prolongan por encima da cornixa. Como elementos decorativos hai que resaltar uns corpos prismáticos, a modo de pináculos que sobresaen por enriba da cuberta. A planta baixa está alixeirada cun gran arco apoiado en delgadas pilastras e sobre o que se coloca un balcón corrido de aberturas curvas no peitoril, que se cerra con ferro forxado amarrado á pedra.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!