CASA ESTANISLAO DURÁN

Civil
806
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Príncipe 41

36202  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 12.0" N - 8º 43' 17.9" W

Descrición

Edificio proxectado en 1901 por Manuel Felipe Quintana para Estanislao Durán. Constitúe un belo palacete urbano no centro da cidade, de tendencia ecléctica pero con influencia francesa. Consta dun soto, planta baixa, primeiro piso e faiado con cuberta abufardada e moi empinada. Nesta sitúanse as bufardas, rematadas por un frontón curvo con decoración de volutas nos laterais e peitoril con balaustrada sobre unha sobrevoada cornixa. No chafrán e sobre o balcón abalaustrado corrido, elévase un corpo circular ou torreado que sobresae do cumio da cuberta con arcadas semicirculares. Estas arcadas apóianse en columnas estriadas corintias e sobre elas álzase unha cúpula escamada.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!