Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CASA PARA MANUEL BÁRCENA FRANCO&body=Recoméndoche que leas a información CASA PARA MANUEL BÁRCENA FRANCO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/26562/casa-para-manuel-barcena-franco?langId=gl_ES%26tp=9%26ctre=39
Edificio para Manuel Bárcena Franco, primeiro Conde de Torrecedeira. Foi proxectado por Jenaro de la Fuente Domínguez e construído entre 1879 e 1884. Pretendía ser a máis grandiosa obra civil daqueles anos e o seu nome orixinal era "Sete casas para particulares". Estrutúrase en catro plantas, con corpos saíntes nas súas zonas centrais que rompen a monotonía da lonxitude das fachadas. Ten vans con acentuados cercos moi decorados nas tres plantas altas, o que lle dá aspecto moi maxestoso. Como elementos decorativos hai que destacar as figuras xeométricas, os pedestais e vasos nos áticos, as cornixas e as balaustradas.
Foi sede da Caixa de Aforros de Vigo e da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vigo e, na actualidade, alberga as salas de exposición de arte de Afundación.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.