IGREXA DE SANTA MARÍA A ANTIGA DA CORTICELA

Relixioso
1647
No Camiño de Santiago

Localización

Praza Inmaculada

15704  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 50.9" N - 8º 32' 38.9" W

Descrición

A Corticela, oratorio fundado no s. IX, pertencente máis tarde aos benedictinos de S. Martín Pinario, é dende antigo parroquia de estranxeiros e peregrinos. Foi absorbida polas sucesivas ampliacións construtivas da Catedral. Accédese a ela dende o brazo norte do transepto, cruzando un pasadizo construído no s. XVIII. Construída en cadeirado de granito e con cubertas de madeira e tella, é de planta lonxitudinal dividida en tres naves. Portada románica con columnas de fuste liso e capiteis con decoración vexetal, ao igual que a tripla arquivolta, no tímpano relevo coa Adoración dos Reis Magos. No interior, no muro norte, o conxunto de Xesús no Horto das Oliveiras realizado en granito policromado (s. XV).

Acceso

Núcleo urbano. Casco histórico.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!