EDIFICIO COMERCIAL DE PRÍNCIPE

Civil
1298
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Príncipe 5

36202  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 11.0" N - 8º 43' 18.9" W

Descrición

Edificio comercial proxectado por Jenaro de la Fuente Álvarez a fins da década dos anos 20. É un edificio curioso, debido a que as súas fachadas están compostas por grandes e únicos vans centrais, limitados nos seus extremos por grandes pilastras. Na súa zona intermedia e na parte alta, as pilastras e as columnas rematan nunha arquitrabe cunha cornixa saínte. Na fachada de Príncipe hai que destacar a cornixa, sobre a cal se situaron dúas figuras mitolóxicas: Mercurio e Vulcano. Na fachada de Policarpo Sanz hai que destacar uns lenzos murais de cerámica coloreada con figuras alegóricas. Ademais, entre os ornamentos encontramos: ovas con dardos, zapatas, ménsulas con volutas, cartelas acanaladas, etc.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!