VIVENDAS PARA A COMPAÑÍA CARBONERA

Civil
753
No Camiño de Santiago

Localización

Praza Compostela 6, 7, 9

36201  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 19.9" N - 8º 43' 20.9" W

Descrición

Edificio de vivendas para a Compañía Carbonera S.A. proxectado por Jenaro de la Fuente Álvarez en 1942, por encargo de José Francisco López e Guillermo Puime. Destaca a porta de acceso, sobre a que se construíu un antepeito abalaustrado, cun clásico frontón triangular entre os vans da primeira e segunda planta. A súa decoración é totalmente sobria, destacando unicamente ménsulas decoradas e unha pérgola no alto do edificio. Esta falta de elementos decorativos e as formas redondeadas fálannos dun estilo racionalista. Como material construtivo utilizouse granito branco de gran fino, extraído da serra de Castrelos, e pulido na superficie.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!