PAZO DE RAXOI

Civil
2971
No Camiño de Santiago

Localización

Praza do Obradoiro

15705  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 49.9" N - 8º 32' 45.9" W

Descrición

Abre todo o ano, excepto as fins de semana. Este edificio neoclásico mandouno construír o arcebispo Bartolomé Raxoi para albergar aos nenos de coro, acólitos e sacerdotes; e ademais destinarse a concello e cárceres. A súa construción correu de man do enxeñeiro francés Charles Lemaur durante o S. XVIII e estivo acompañada de gran polémica e litixios co administrador do veciño Hospital Real, que argumentaba que o novo edificio privaría ao hospital de luz natural, e dos servizos de entrada, saída e da ventilación necesaria dos cuartos dos enfermos. O edificio recolle claramente na súa estrutura, os postulados do neoclásico francés. A fachada principal que dá á Praza do Obradoiro presenta un esquema simétrico, que se ordena a través dun frontón central triangular e dous frontóns semicirculares laterais, que descansan sobre columnas xigantes de orde xónico. No central aparece un releve representando a batalla de Clavijo que cobre o tímpano, sobre o que se sitúa o grupo escultórico de Santiago Apóstolo a cabalo, obras de José Ferreiro. Na actualidade, é sede do Concello e da Presidencia do Goberno Autonómico.

Acceso

Na zona monumental da cidade de Santiago de Compostela.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!