CABO VILÁN

Espazos naturais
7325

Localización

Camariñas - A Coruña

Coordenadas:
43º 09' 38.1" N - 9º 12' 42.5" W

Descrición

O faro de Cabo Vilán sinala un dos tramos máis perigosos da Costa da Morte, pero tamén dos máis fermosos. Ergueito a 125 metros de altitude e unido á antiga residencia dos fareiros, posúe un potente canón de luz capaz de acada-las 28-30 millas mariñas (55 km). O encrave xa foi declarado de Interese Nacional no ano 1933, e dende sempre aparece descrito como rochoso e acantilado.
Dá vertixe asomarse ós venteados cantís ou contempla-la punta partida do cabo no illote que se coñece co nome de Vilán de Fóra. É interesante efectua-la aproximación polo camiño máis difícil, o que se devorca sobre o mar na pista de terra e area que, dende Arou, pasa pola Enseada do Trece entre os cabos Veo e Tosto. O areal do Trece é un dos máis salvaxes e como o resto do traxecto permanece virxe, sen construccións humanas. Nesta andaina, outro lugar onde a costa fai honor ó seu nome é o Cemiterio dos Ingleses.

Acceso

Para Camariñas, desviarse en Vimianzo da C-552 e segui-la AC-432. Estrada dende o porto de Camariñas ó faro. Outra rota costeira dende Arou, por pista de terra.

Situación

Concello de Camariñas, ó norte da ría do mesmo nome, na Costa da Morte.

Superficie

6,4 ha.

Servizos

Aloxamento e comida na vila de Camariñas.
Natureza Espazos naturais Sitio natural de interese turístico
Arriba
Axúdanos a mellorar!