EDIFICIO HOTEL IDEAL ROOM

Civil
1058
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Real 83-85

15402  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 29' 02.0" N - 8º 13' 58.9" W

Descrición

Edificio de estilo modernista do século XX (1915), pertencente ao conxunto histórico-artístico do Barrio da Magdalena, proxectado por Rodolfo Ucha Piñeiro, un dos grandes arquitectos do movemento modernista de principios do século XX. Presenta unha composición academicista: baseamento, corpo principal de tres alturas e cornixa. Cada altura está delimitada por unha liña de imposta. A planta baixa está tratada como zócolo. As tres alturas cos muros lisos alixéiranse mediante a apertura de grandes vans, dispostos regularmente. Nas plantas primeira e terceira os balcóns son individualizados, mentres que na segunda son unificados de dous en dous. Os materiais empregados son o granito, a cantería e a madeira.

Acceso

Núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!