IGREXA DE SAN SALVADOR DE SERANTES

Relixioso
1137
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Serantes (San Salvador)

Lugar: Aneiros

15405  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 30' 03.9" N - 8º 14' 45.9" W

Descrición

Igrexa de estilo neoclásico, aínda que construída no século XIX. Planta rectangular, con nave, presbiterio e sancristía. Nos muros as pezas de cantería dos esquinais contrastan cos panos revogados e branquexados. Fachada principal con tres ocos rematados en arco de medio punto, que dan a un pórtico con bóveda de aresta; sobre estes un van semicircular, frontón triangular e espadaña dobre rematada tamén con outro frontón triangular. Exemplo do neoclásico rural.

Acceso

Dende Ferrol, bordeando A Malata, antes de chegar á gasolineira hai un cruceo, xirar á dereita para chegar a Serantes.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!