CASA PEREIRA

Civil
1499
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Dolores 64

15402  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 57.9" N - 8º 14' 11.9" W

Descrición

Edificio modernista de Rodolfo Ucha Piñeiro (1912), obra singular no conxunto histórico do barrio da Magdalena, representativa deste arquitecto que deixou na cidade de Ferrol numerosas obras construtivas nas primeiras décadas do século XX. Fachada repleta de miradoiros e balcóns, con elementos de carácter propio que, en conxunto, acentúan a verticalidade. Baixo e tres andares con cubrición de tella curva, ten dous corpos separados por pezas de cadeirado de traza regular. Ventás con aperturas oitavadas.

Acceso

Núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!