EDIFICIO DO BANCO DE A CORUÑA

Civil
958
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Real 193

15401  Ferrol - A Coruña

Coordenadas:
43º 28' 56.0" N - 8º 14' 12.9" W

Descrición

Edificio modernista, situado no conxunto histórico-artístico do barrio da Magdalena, e sede do antigo "Banco da Coruña". Ten diferentes volumetrías, estilos e épocas. Planta baixa, dúas alturas e cuberta con bufardas, muros con faixas horizontais. A fachada está en pendente, con balcón de pedra sobre grosos canzorros, columnas que chegan ata a cornixa con balaustrada de ferro forxado. Cubrición con tella curva. Nun dos muros hai un escudo da Coruña. Actualmente está sendo reconstruído.

Acceso

Núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!