PR-G 138 RUTA VAL DO GLACIAR DE PRADA

Sendeirismo
2188

Localización

Manzaneda - Ourense

Coordenadas:
42º 16' 01.5" N - 7º 11' 16.7" W

Descrición

Principia cabo da igrexa parroquial de San Miguel de Bidueira, unha xoia da arquitectura barroca do S. XVIII coñecida popularmente como a «Catedral das Terras de Manzaneda».
Seguindo o río Requeixo chégase á aldea abandonada de Prada, que conserva parte da Capela de San Bartolomeu, así como varias das súas tradicionais casas de alta montaña, que na actualidade son utilizadas como refuxio invernal para o gando.
Ademais, pódese contemplar unha excelente panorámica sobre o Circo Glaciar de Prada, que data de entre 50.000 e 10.000 anos atrás e que someteu estas montañas da Serra de Queixa e O Invernadeiro a un proceso de abrasión glaciar.
Dende Prada, pasando polo Pontón, A Biduela e O Salgueiro, a través de camiños de alta montaña e pequenas congostras, regrésase á aldea de San Miguel de Bidueira. Á altura de Requeixo, existe a posibilidade de coller unha derivación da ruta principal e visitar a aldea de Placín.

Acceso

No oriente ourensán, dende A Pobra de Trives, continuar pola OU-0701 que pasa por Mendoi, Sobrado e o centro da vila de Manzaneda ata chegar a San Miguel de Bidueira.

Un plus

ESTACIÓN DE MONTAÑA DE MANZANEDA

Unha estación de montaña de carácter turístico-deportivo, con actividades que permiten o seu funcionamento durante todo o ano. O bosque de 2.000 hectáreas que rodea a estación completa un marco incomparable coas instalacións turísticas e de hostalería. Ademais do esquí, o visitante poderá practicar outras modalidades deportivas grazas ao conxunto de equipamentos: campos de fútbol de herba, pistas de tenis, circuíto de karts, picadeiro de cabalos, circuítos de mountain bike, piscina climatizada e un pavillón multiusos con ximnasio. Tamén se poden practicar outras actividades como: sendeirismo, montañismo, escalada deportiva, tiro con arco e golf.

Lonxitude

17,5 km. Ruta principal mide 15,1 km. e a derivación de ida e volta 2,4 km..

Punto de partida/chegada

Igrexa parroquial de San Miguel de Bidueira (Manzaneda) - UTM:29T X: 649439 Y:4681023

Percorrido

San Miguel de Bidueira, Prada, O Pontón, A Biduela, Requeixo, Placín, San Miguel de Bidueira.

Dificultade

Media

Duración

4 horas e media.

Material

Por tratarse de alta montaña e por mor da duración da ruta, recoméndase calzado de montaña, roupa de abrigo, auga e comida.

Servizos

Fóra da ruta, en Manzaneda.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

227-II Manzaneda y 227-IV Castiñeira.

Máis información

Concello de Manzaneda
Tel.: 988 333 043
www.concellodemanzaneda.es

Federación Galega de Montañismo
Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese naturalista

Conexións con outros sendeiros

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!