SALINAE. CENTRO ARQUEOLÓXICO DO AREAL

Museos e coleccións
279
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Rosalía de Castro 21-23

36201  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 15.9" N - 8º 42' 58.0" W

Descrición

Un suxestivo espazo escenográfico explica o xurdimento e o desenvolvemento da industria salineira romana en Vigo e o aproveitamento dos recursos pesqueiros. Trátase dunha recuperación e musealización dun xacemento romano, unha salina de evaporación, en funcionamento durante os séculos I-III d.C. que se dedicou á produción de sal a grande escala. Un interesante percorrido para coñecer a historia da única salina mariña de evaporación solar conservada e musealizada de todo o Imperio Romano.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués

Tipos de servizos

Acceso a minusválidos
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Arriba