CASA MUSEO MANUEL ANTONIO

Museos e coleccións
351
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Rúa de Abaixo 24

15920  Rianxo - A Coruña

Descrición

Este museo é o primeiro aberto ao público do proxecto Academia Literaria de Rianxo consistente na musealización e posta en valor das casas de Castelao, Rafael Dieste e Manuel Antonio. Trátase da casa natal do poeta, na que só viviu ata os dous anos pero na que pasou frecuentes tempadas ao longo da súa vida. Conserva diverso mobiliario, así como obxectos e documentos orixinais, reproducións e videopresentacións sobre a vida e a obra do autor e referencias ao contexto sociopolítico e cultural de Rianxo e da Galicia do seu tempo.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba