ÁREA DE CANGAS

Áreas de Autocaravanas
2133

Localización

Parroquia: Cangas (Santiago e San Salvador)

Rúa: O Gatañal s/n

36940  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 15' 19.3" N - 8º 47' 51.3" W

Descrición

Área de servizo municipal sen prazas reservadas de aparcadoiro, Poderase facer uso da área se non hai actividade no polideportivo dado que, o equipo de balomano de 1ª división xoga no pavillón, o acceso á área de servizo durante o partido será imposible. Tamén se pode estacionar e no resto do Concello respectando as dimensións das prazas dos aparcadoiros.
O Concello de Cangas está situado no extremo sudoeste da península do mesmo nome, en pleno corazón das Rías Baixas galegas, entre as rías de Vigo e Pontevedra e flanqueado polas  IllasCíes e Ons. No seu porto atracan os barcos que efectúan rutas a Vigo, Baiona, Islas Cies ,etc.. Conta con 38 praias de inmellorable calidade polas súas augas e polas súas areas, moitas delas co distintivo “Bandeira Azul”.
Para descubrir toda a súa riqueza, hai que dar unha volta polas súas cinco parroquias: Aldán, Darbo, Hío, Coiro e Xugos. Rutas de sendeirismo con diferentes tipos de dificultade, e unha gran variedade de establecementos de hostalaría fai de Cangas un lugar estratéxico e idóneo para facer turismo en calquera época do ano.

Acceso

Se vimos pola AP-9, tomamos a saída 146 dirección Cangas -Moañadespois tomamos o corredor do Morrazo CG 41 que nos leva a Cangas. Unha vez en Cangas continuamos pola PO-315 situándose en área a 2 km do Concello de Concello en dirección Liméns.

Clasificación

Áreas públicas

Servizos de Autocaravanas

Área gratuita
Auga potable
Vaciado de augas grises
Vaciado de augas negras
Arriba
Axúdanos a mellorar!