ÁREA DE SALCEDA DE CASELAS

Áreas de Autocaravanas
1386

Localización

Parroquia: Parderrubias (San Tomé)

Rúa Gándara s/n

36470  Salceda de Caselas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 05' 47.8" N - 8º 33' 27.6" W

Descrición

Área municipal con 5 prazas de aparcadoiro para autocarvanas, e outras tantas para coches, construída en granito da zona co fin de preservar o entrono paisaxístico. Situada nas inmediacións da Senda Fluvial e Parque etnográfico do Río Landres "Francisco Estévez Martínez", integrada prácticamente no centro de Salceda, a 30 m. do "Parque dá Gándara" e das Piscinas Municipais, e a 100 m  temos todos  os servizos: supermecados, hostalaría etc.
Salceda de Caselas é un lugar que merece unha parada no itieneraio, onde podemos gozar do seu ámbito, das súas rutas de sendeirismo, das áreas recreativas, do seu patrimonio (muiños,cruceiros, fontes, lavadoiros, pazos), as súas festas, gastronomía e sobre todo das súas xentes.

Acceso

Se vimos pola AP9 tomamos a saída 168 hacia A-52 (Porriño-Ourense), a 1,3 Km. aprx. Tomamos a saída cara á A-55 dirección (Tui/Portugal) continuamos 1,6 km para tomar a saída 16B e continuar pola PO-510 cara a Porriño (sur)-Salceda-Salvaterra. Ao cheegar a Salceda, (na rotonda) tomamos a 4ª saída dirección Av de Galicia, a 170 m. xiramos á esquerda, dirección rúa José Antonio e a 300 m. á dereita está a área.
Se vimos pola  A-52 (Ourense), tomamos a saída 294 (Ponteareas-Salvaterra-Mondariz- Monçao) para continuar pola PO-403, a 8,5 km. aprx. , na rotonda, tomamos a 2ª saída PO-510, dirección Salceda de Caselas. A 5 km. aprox. Saímos á dereita cara a Salceda, na rotonda, tomamos a 1ª saída á dereita dirección Avda. de Galicia, a 170 m. xiramos á esquerda, dirección rúa José Antonio e a 300 m. á dereita está a área.

Clasificación

Áreas públicas

Servizos de Autocaravanas

Área gratuita
Auga potable
Posibilidade de pernocta
Vaciado de augas grises
Vaciado de augas negras
Zona de xogos para nenos
Arriba
Axúdanos a mellorar!