C.N. SAN VICENTE DO MAR PORTO PEDRAS NEGRAS

Instalacións náuticas
2322
Bandeira azul
Calidade Turística
No Camiño de Santiago

Localización

36980  O Grove - Pontevedra

Coordenadas:
42º 27' 26.6" N - 8º 55' 09.1" W
+34 986 738 325
+34 986 738 430
+34 637 080 477
+34 986 738 325

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Navegación

Aproximación de noite: Procederemos de igual xeito tendo en conta o balizamento: Vindo do N navegaremos ao abeiro da luz do faro de Corrubedo (GpD(2+3) BR 20s 32m B15M e R15M) dándolle polo menos 4 millas de respecto á costa para evitar os baixos de Corrubedo e o banco do Pragueiro, deixaremos a luz do faro da illa de Sálvora (GpD(3+1)B 20s e GpD(3)B 20s 40m 21M) polo costado de babor e seguiremos navegando cara ao faro da illa de Ons (GpD(4)B 24s 127m 25M) á vez que imos caendo a babor cara á terra ata chegar ao beiril dos 20 m e ter á vista as luces da boia do baixo Pedra Seca (GpD(3)R 9s 5M) e a do Sinal de Balea (GpD(3)V 9s 5M). Navegaremos ata pasar entre elas en dirección á do baixo Seixeliño (DV 5s 5m 2M), situada xusto fronte á baliza do dique de abrigo do porto (GpD(4)BR 11s 7m B4 R3).
Aproximación de día: O Club Náutico San Vicente do Mar atópase ao S da Península do Grove e ao NW da fermosa praia da Lanzada. Aquelas embarcacións que se acheguen desde a ría de Arousa deberán dar un respecto á costa de polo menos 0,8 M para evitar os baixos e illotes que abundan nesta porción litoral. Tras situarse fronte á praia da Lanzada, no beiril dos 20 m, buscaremos a entrada a porto balizada primeiramente por boia vermella e boia verde que indican a presenza dos baixos Pedra Seca e Sinal de Balea respectivamente. Navegaremos por esta canle ata a bocana do porto que se atopa igualmente balizada. Vindo da ría de Pontevedra navegaremos pola canle da Fagilda, a máis segura para pasar entre a illa de Ons e punta Fagilda. Nesta canle sóndanse de 9,4 a 15 m entre os baixos balizados de Picamillo e Fagilda. Unha vez superados estes só hai que dirixirse en dirección á canle balizada de acceso ao porto. En caso de temporal do terceiro e cuarto cuadrantes non se recomenda a entrada a este porto.

Características

Nº de amarres en boias: 2
Nº de amarres transeuntes: 12
Pórtico elevador (tn): 32
Anchura bocana (m): 90
Calado bocana (m): 5
Calado dársena (m): 2
Nº de amarres fixos: 134
Máxima eslora recomendada (m): 14
Grúa (tn): 1.5

Cartas náuticas

SHOM: 5536
Admiralty: 1768,1758
I.H.M.: 926,9261,415,415C,416

Períodos de funcionamento

Aberto

Servizos das instalacións

Aparcadoiro
Auga en amarre
Bar-Restaurante
Club de mergullo
Club de vela
Combustible Diésel
Combustible Sen Chumbo
Duchas e WC
Iluminación nocturna
Información meteorolóxica
Luz en amarre
Mecánico motor e electricista
Pagamento con tarxeta
Peirao de espera
Posibilidade de invernada
Radio (VHF 9)
Rampla de varado
Recollida de lixo
Servicio Marpol
Teléfono público
Tenda de efectos navais
Tratamentos no casco
Varadoiro pnas. embarcacións
Vixilancia
Xeo

Servizos da poboación

Aloxamento
Autobuses
Banco
Bar-Restaurante
Farmacia
Ferrocarril RENFE máis próximo
Información turística
Lavandería
Oficina de correos
Servizo médico
Supermercado
Taxi
Actividades e deportes Instalacións náuticas Instal. náutico deportivas.Marítima
Arriba
Axúdanos a mellorar!