SOLYMAR

Pensións - 2 Estrelas
1064

Localización

Parroquia: Louro (Santiago)

Lugar: Louro

Rúa: Camiño do convento

15250  Muros - A Coruña

Coordenadas:
42º 45' 36.0" N - 9º 04' 18.9" W
+34 981 826 505
+34 606 665 826
+34 686 293 955

Descrición

No Hostal ** SOLYMAR poderá gozar das súas vacacións, conxuntando nun mesmo enclave varios tipos de turismo: praia, montaña, cultura, gastronomía... Situado no centro urbano de Louro (zona turística), en primeira liña de praia, a 200 metros do Convento de San Francisco e do Via Crucis e a menos de 3 km do centro da vila de Muros, vostede gozará de todas as comodidades dun casco urbano, pero co privilexio do contacto directo coa natureza e o mar.

O Hostal ** SOLYMAR é por iso o enclave perfecto para as súas vacacións. Unha atención personalizada e directa unida á gastronomía da zona e aos belos paraxes naturais, convérteno no punto idóneo para aloxarse no verán e pasar os que serán os seus mellores días de descanso.

No noso Hostal esperámolo para acollelo con toda a nosa amabilidade e para informarlle de todos os servizos e bens paisaxísticos e culturais que ofrece a zona. Dispoñemos ademais de varios apartamentos e unha vivenda para aluguer en primeira liña de praia. As habitacións dispoñen de baño, TV, conexión WIFI e neveira.

O Hostal ** SOLYMAR dispón ademais dunha terraza-solarium cunhas impresionantes vistas panorámicas á ría a total disposición dos seus clientes.


Tipos de servizos

Admite tarxetas de crédito
Antena parabólica
Bar cafetaría
Cuartos familiares
Internet nos cuartos / wifi
Minibar
Restaurante
Secador de cabelo nos cuartos
Televisión nos cuartos
Xardín terraza
Data construción: 1982
Data remodelación: 2004
Arriba
Axúdanos a mellorar!