FUNDACIÓN CIEC, CENTRO INTERNACIONAL DE LA ESTAMPA CONTEMPORÁNEA

Museos e coleccións
1298
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa do Castro 2

15300  Betanzos - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 50.3" N - 8º 12' 39.6" W

Descrición

No casco histórico de Betanzos, nun precioso edificio modernista, este centro posúe unha importante colección de arte contemporánea, especialmente de arte gráfica, con numerosos artistas galegos e algúns nacionais como Dalí e Picasso. A través das obras expostas o visitante vai comprendendo que é a estampa, o traballo da súa realización e as súas principais características. Tamén se realizan obradoiros de artes gráficas nas distintas técnicas, tanto tradicionais (gravado calcográfico, litografía, xilografía, serigrafía e as súas derivacións técnicas), como as últimas tecnoloxías aplicadas á estampa.

En canto ás actividades, a Fundación  posúe unha colección de arte gráfica contemporánea, contando cunha ampla selección de estampas ao longo destes anos, e que está en continua ampliación grazas ás doazóns e ao Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Núñez á que se van sumando as obras gañadoras cada edición, e que conta con artistas nacionais e internacionais, para mostrar así unha ampla visión da arte gráfica contemporánea. Á Colección suma tamén a Sala de Exposicións Temporais, na que invita a un colectivo ou artista a mostrar a súa obra gráfica ao longo de dous meses, coa fin de mostrar as máis variadas técnicas e estilos arredor da estampa e que mixtura recoñecidos artistas con novos valores.

A esta parte expositiva suma a formativa, coa Escola no baixo andar, con cursos e talleres todo o ano coma os Cursos de Verán Gráfica e os Cursos Anuais do Máster da Obra Gráfica, polos que pasan cada ano centos de estudantes de todo o mundo grazas ás colaboracións e intercambios con outras facultades, escolas, centros e talleres sobre todo europeas e latinoamericanas. 

A isto engada visitas guiadas e didácticas, conferencias, concertos, presentación, publicacións, intercambios e asistencia a feiras de arte gráfica que completan as actividades e achegan a arte gráfica e actividades culturais á cidadanía.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Data de recollida inicial: 31/03/2012
Arriba
Axúdanos a mellorar!