MUSEO ORTEGALIA

Museos e coleccións
161

Localización

Rúa: Avda. Francisco Santiago 6 e 9

15330  Ortigueira - A Coruña

Coordenadas:
43º 41' 03.3" N - 7º 51' 10.1" W
+34 981 402 413
+34 981 402 434

Descrición

Este museo depende da Fundación Ortegalia que ten como obxectivo dar a coñecer a zona de Ortigueira. Trátase dun Itinerario espazo-temporal que transcorre desde a Prehistoria ata a actualidade, reconstruíndo todas as manifestacións culturais dos diferentes poboadores que habitaron o territorio. O percorrido está acondicionado con maquetas interactivas, reconstrucións virtuais, reproducións, audiovisuais e achados arqueolóxicos. Sobresae polo seu interese a cámara megalítica máis antiga de Galicia (4400 a. de C.), procedente da necrópole de túmulos de Forno dos Mouros.

Particularidades

Servizo de guía para grupos: 1 € x persoa. Grupos necesario concertar visita previamente cun mínimo de 15 días de antelación.

Tipos de servizos

Acceso a minusválidos
Tenda
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Arriba