IGREXA DE SANTA MARÍA SALOMÉ

Relixioso
2533
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Nova 31

15705  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 42.9" N - 8º 32' 36.9" W

Descrición

Edificio realizado en honra á nai do Apóstolo Santiago e fundada cara a 1140 por Pelaio Abad.
Esta obra medieval sería posteriormente reformada ao engadirse a "capela da Soidade" no S. XVII, situada no brazo do cruceiro.
O edificio é de planta cadrada con pequenos brazos que parten de catro arcos de medio punto apoiados sobre as pilastras estriadas. A cúpula de media laranxa, apoiada en pechinas, decórase con escudos.
No S. XVIII levántase o campanario sobre o modelo existente en San Fiz de Solovio.
O pórtico de entrada, realizado no S. XVI, aínda conserva restos da primitiva románica; na clave da porta de acceso contémplase a Virxe do Leite co Neno, imaxe do S. XIV. A ambos os dous lados aparecen as imaxes da Anunciación, María e o anxo Gabriel, do S. XV.

Acceso

Na mesma cidade de Santiago de Compostela.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!